sábado, 14 de noviembre de 2015

UNIDADE 11
A EVOLUCIÓN DO RELEVO


Hoxe considérase que as acción dos procesos endóxenos e exóxenos son continuas e coexisten durante a evolución do relevo.

O relevo transfórmase continuamente.



A xeomorfoloxía é a parte da xeoloxía que estuda a configuración, a orixe e a evolución das formas que adquire o relevo terrestre como consecuencia da acción combinada dos procesos xeolóxicos.


FACTORES DETERMINANTES DO RELEVO:

  • A composición litolóxica do terreo. O tipo de rochas que conforman o terreo inflúe na fisionomía do relevo.


  • O clima. Según o clima da zona, sobre as rochas actuará con máis intensidade un axente do modelado ou outro.


  • A estrutura tectónica do terreo. 


  • Outros factores.

OS RELEVOS LITOLÓXICOS
  • Relevo volcánico.







Áreas volcánicas en España


  • Formas orixinais
Cono volcánico do Teide


Campo de lava

  • Formas derivadas

Caldera del Taburiente (La Palma)


Roque Nublo (Gran Canaria)

  • Relevo granítico.




Formas características do relevo granítico:



       a) Domo campaniforme (Yelmo), b) cristas, c) pedrizas, 
                     d) tors (formas acasteladas), e) lanchares, f) lehm ou arenização,    g) rochas esféricas e h) nava (a Lagunilla).
 Pedriza (Serra de Guadarrama).
 Fotos feitas por Aida Chaos Morán.


  • Relevo kárstico. Prodúcese en rochas calcarias, como resultado da acción xeolóxica das augas que se infiltran.

Vídeo relevo kárstico



FORMAS CARACTERÍSTICAS DOS RELEVOS CÁRSTICOS
  • Na superficie do macizo. Formas exocársticas:
    • Lenares ou lapiás: Conxunto de surcos, estrías e canles que se forman na superficie das rochas calizas pola acción erosiva das augas salvaxes.
    • Canon, fouz ou garganta: Vales estreitos e profundos de flancos verticais formados polo afundimento das rochas.


    • Dolina: depresión redondeada coas paredes en forma de embudo. Fórmase pola entrada de auga nas fendas das rochas.



    • Sumidoiro: tipo de dolina circular, que actúa de sumidoiro natural da auga de chuvia, neles fórmanse lagoas.


    • Poljés: Depresións grandes e alongadas con fondo plano e regular.




    • Surxencia: Saída de auga do interior.
Cova dos chorros (surxencia kárstica), no nacemento do río Mundo

  • No interior do macizo
    • Galerías. Conductos horizontais orixinados polo  ensanchamento das fisuras
    • Simas.  Conductos verticais orixinados por ensanchamento das fisuras.

    • Cavernas. Grandes cavidades orixinadas pola unión das anteriores.



    • Estalagmitas. Formas puntiagudas que crecen dende o chan.
    • Estalagtitas. Formas puntiagudas que medran dende o teito



    • Columnas. Resultado da unión dunha estalagtita e unha estalagmita.


OS RELEVOS CLIMÁTICOS
  • Relevos en zonas frías. Nas rexións polares e subpolares e nalgunhas zonas de alta montaña as temperaturas son moi baixas, os axentes modeladores do relevo son os relacionados co xeo.
    • Glaciares

GLACIAR DE CASQUETE

GLACIAR DE MONTAÑA


    • Formas de relevo
      • Circos.


      • Vales en U.


      • Depósitos glaciares.


  • Relevos de zonas temperadas.
  • Relevos de zonas cálidas.
  • Relevos estruturais.
  • Relevos costeiros
BLOG DE GEOMORFOLOXÍA

No hay comentarios:

Publicar un comentario