domingo, 18 de octubre de 2015

UNIDADE 10

CONSECUENCIAS DA DINÁMICA LITOSFÉRICA


DINÁMICA DE PLACAS E PROCESOS XEOLÓXICOS
    • PROCESOS XEOLÓXICOS ENDÓXENOS. Orixínanse no interior terrestre. Estes procesos orixínanse debido ás forzas ou aos cambios de temperatura resultantes da dinámica litosférica.
    • Procesos endóxenos
      • Magmatismo.


      • Metamorfismo.


      • Deformación das rochas.


    • PROCESOSO XEOLÓXICOS ESÓXENOS.                   Orixínanse na zona superficial da litosfera. Neles inflúen os cambios de ambiente xeolóxico inducidos pola dinámica das placas.

      • Causan o modelado do relevo.



      • Responsables da formación das rochas sedimentarias.


A DEFORMACIÓN DAS ROCHAS
Tipos de esforzos



  • A DEFORMACIÓN ELÁSTICA. OS TERREMOTOS

  • A ROTURA DAS ROCHAS: DIACLASAS E FALLAS.
    • Diaclasas: Son fendas de pouca extensión e anchura, que se abren nun macizo rochoso sen que exista desprazamento dos bloques fracturados.


    • Fallas: Son fracturas de maior extensión e anchura cas diaclasas e que presentan un desprazamentos dos bloques fracturados.



  • A DEFORMACIÓN PLÁSTICA. AS DOBRAS.


  •  O MAGMATISMO
    • Formación dos magmas: nos bordos diverxentes, os puntos quentes e os bordos converxentes.




    • Actividade plutónica. É o ascenso de magmas a través das rochas da litosfera, e a súa posterior localización, arrefriamento e solidificación no interior da codia terrestre para orixinar rochas plutónicas.

    • Actividade volcánica: prodúcese cando un magma que ascende a través da litosfera sae á superficie da xeosfera por unha abertura na codia, un volcán.




      • Materiais volcánicos. O magma  expúlsase de dúas formas:
        • Como lava, masa líquida de rochas fundidas que solidifica na superficie.
        • Como piroclastos, anacos de lava lanzados ao aire e que solidifican antes de caer.

      • Tipos de erupcións. En función do tipo de magma que dea orixe ao volcán, as erupcións que se producen son diferentes tanto na composición dos materiais expulsados coma na forma na que saen.




  • O METAMORFISMO



  • O CICLO DAS ROCHAS